
A alcaldesa de Mos, o edil de Vías e Obras e un técnico da Deputación supervisan os traballos no campo das Baloutas
Prevese que as obras estarán rematadas durante o vindeiro mes de marzo
A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Vías e Obras, José María Pereira, visitaron o Campo de Fútbol das Baloutas acompañados polo enxeñeiro da Deputación de Pontevedra e responsable dos traballos que se están a acometer, Manuel González Juanatey, e polo xefe de obra da empresa que está a realizar ditos traballos neste campo.
O edil José María Pereira e a rexedora municipal puideron comprobar, durante a súa visita matinal de supervisión das obras nas Baloutas, que as canalizacións están xa totalmete rematadas, estase acabando de colocar a instalación eléctrica e, a continuación, procederase á pavimentación do recinto.
Ademais, este campo de fútbol da Unión Deportiva Mos e ubicado no polígono empresarial da Veigadaña, contará cun novo peche que comezará a construir Xestur a vindeira semana, tal e como anunciaron Arévalo e González Juanatey tras a visita desta mañá.
O enxeñeiro da administración provincial informou tamén de que o proxecto dos novos vestiarios para o campo atópase xa na Deputación. Neste sentido, prevese que o Campo de Fútbol das Baloutas estea finalizado e listo para xogar o vindeiro mes de marzo. Sen embargo, a alcaldesa insistiulle á Deputación de Pontevedra no seu especial interese por este campo e por que estea acabado o antes posible.